Os estudantes de xornalismo Alba Pinto e Manuel Rodríguez achegan as súas opinións acerca dos trazos que debe mudar o xornalismo para sobrevivir nunha contorna mediática intoxicada pola rutinización, o intrusismo e o poder.
O labor de xornalista é ofrecer unha información veraz e de calidade. Pero se nos achegamos ás redaccións dos medios de comunicación podemos observar que isto non é así. Os mass media están manipulados polo poder de quen goberna, a súa vez os xornalistas están condicionados pola liña editorial do medio para o que traballan, pola precariedade á que están sometidos non ofrecen unha información de calidade senón que se deixan levar polas rutinizacións. Como ben apunta Manuel Rodríguez no seu artigo, o xornalista “abandonou toda clase de aventura e crítica para apoltronarse na comodidade da rutina e nas facilidades que lle dá ser un reprodutor de consignas oficiais”. A estes problemas hai que sumar que nas redaccións existen personaxes que intentan suplantar a figura dos comunicadores; é o chamado intrusismo laboral.
Esta é a realidade coa que se atopan os estudantes de xornalismo cando saen da facultade. Cando chegan, entran con moita ilusión e con inquietudes que van mudando a medida que van avanzado os anos. Ó igual que estes universitarios mudaron a súa maneira de pensar, o xornalismo debe adaptarse ós tempos que corren.
Así, o que se debe facer é modificar esta maneira de pensar e apostar pola rede e por todas ferramentas que este medio nos aporta. O noso papel é facer un xornalismo de calidade e non un rutinizado. A estudante de xornalismo, Alba Pinto déixao claro no seu artigo, “o vello xornalismo xa é vello e quizais é hora de crear un novo”
Merce Rey
No hay comentarios:
Publicar un comentario