Rocío Álvarez García, Santiago Agra Bermejo e Marta Rial Alvite reflexionan, desde a súa postura de “case licenciados”, sobre os trazos que debe mudar a profesión xornalística para sobrevivir.
Coa chegada da internet cuestionouse a supervivencia da prensa en papel. Pero os medios tradicionais conseguiron abrirse un oco no marco comunicativo e cada un competiu por facerse escoitar ofrecendo unha información veraz e de maior calidade. Na actualidade, ante a sobreabundancia de información existente e que nos chega a través de todo tipo de canles comunicativas non só está en perigo o xornalismo senón que tamén o esta a figura do xornalista. A estudante de xornalismo, Rocío Álvarez García, reflexiona no seu artigo publicado en Galicia Hoxe sobre este eido e bota en falta “a ausencia dun xornalista como figura mediadora, un profesional que traslade información de calidade, coa achega dunha contextualización e interpretación”. As novas xeracións están a mudar a súa maneira de informarse e xa non se conforman cos medios tradicionais de comunicación, van máis alá apostando polos medios electrónicos. Neles atoparon o cobillo que precisaban xa que a través deles poden informarse, comunicarse e expresar a súa opinión, incluso algúns deles “xogan” a ser xornalistas. Pola súa banda, outra das estudantes, Marta Rial Alvite, explica ó mesmo xornal que “independentemente do soporte do que se trate, o que non debe cambiar son as bases da profesión xornalística: buscar a verdade e contrastar a información que se publica”. Pero non todos os futuros licenciados pensan que haxa que mudar a maneira de facer xornalismo senón que moitos deles como para Santiago Agra, que tamén escribiu un artigo para Galicia Hoxe, apostan pola rede porque “marca o camiño, e aí o xornalismo galego ten unha potencialidade inmensa grazas á lingua”.
Merce Rey García
No hay comentarios:
Publicar un comentario