martes, 18 de mayo de 2010

A internet debe evolucionar e o intrusismo desaparecer para que sobreviva o xornalismo

Alba Naveira, Fernando Barros e Alba Chao reflexionan sobre o seu futuro e sobre o futuro do xornalismo. Os temas que máis lle preocupan a estes estudantes son o intrusismo laboral e a supervivencia da figura do xornalista coa incorporación da internet no xornalismo.

Internet está a xogar un papel fundamental no eido comunicativo xa que permite informar non só ós de aquí senón que tamén a xente que está fóra de Galicia; e non só iso, senón que tamén é un medio que incorpora o que ofrecen os outros soportes -imaxe, vídeo e audio-. Pero tamén dá a posibilidade de vincular distintas páxinas por medio do hipertexto. Deste xeito, ó igual que Internet foi capaz de sobrepasar obstáculos físicos e temporais os xornalistas deben adaptarse a está nova forma de comunicar para que o xornalismo non quede estancado. En definitiva, “o xornalismo debe readaptarse”, como ben apunta Alba Chao no seu comentario para Galicia Hoxe.

Na internet podemos atopar de todo, noticias, opinións, vídeos, imaxes, etc. Ante está sobreabundancia da información que nos chega a través das páxinas temos que saber separar aquela de calidade da que non o é porque como di Alba Naviera toda a que se atopa na rede “non toda é abundante nin certa”. Neste senso os xornalistas deben adaptarse a este novo medio. Para iso teñen que diferenciarse dos soportes tradicionais utilizando unha linguaxe distinta, buscando novos puntos de vista e valéndose dos múltiples recursos da rede. Penso que a figura do xornalista non vai desaparecer porque por moitos avances que haxa sempre se necesitará ese mediador entre o que sucede e as fontes.

Pero aínda que internet está a revolucionar o universo das comunicacións seguen existindo, por desgraza, nas redaccións de prensa, radio, televisión e xornais electrónicos persoas como historiadores, letrados,etc que están invadindo os postos dos xornalistas. É o chamado intrusismo laboral. A mellor maneira para combatelo recibindo “unha continua preparación e aprendizaxe” como ben apunta, o estudante de xornalismo, Fernando Barros.


Merce Rey

No hay comentarios:

Publicar un comentario