martes, 4 de mayo de 2010

O xornalismo debe evolucionar para non quedarse estancado

Antes de comezar os estudos de xornalismo todos nos facemos unha idea do que queremos ser o rematar xa sexa estar diante da cámara, detrás das ondas ou na redacción dun xornal ou páxina web. A medida que van pasando os anos temos outra perspectiva moi distinta xa que coñecemos realmente o que hai o noso redor, aprendemos a utilizar as ferramentas comunicativas nos distintos soportes, e vamos pouco a pouco perfilando o que será o noso futuro. Como ben di Julia Fontenla Pedreira, no artigo de Galicia Hoxe, “aprendemos a vela realidade doutro xeito”. Por este motivo, os futuros xornalistas non deben de perder esa vontade de transmitir os feitos o máis fieis posibles á realidade sexa no soporte mediático que sexa.

Pero se poñemos os pés na terra observamos que isto non é así. A rutinización xunto coa mala utilización que se fai das malas tecnoloxías trae como consecuencia que “a profesión non evolucione ó mesmo tempo que as novas tecnoloxías”, segundo reflexiona Verónica López Oseira, no artigo de Galicia Hoxe. Deste xeito, fai que se aposte nas redaccións polo tan empregado “copia e pega”, que se traslada continuamente dun medio a outro. Hai que mudar o chip.

Aínda que a prensa escrita ten moitas carencias , estas foron mellorando grazas a introdución dunha maneira distinta de transmitir a información e que se conseguiu a través do soporte electrónico. Esta ferramenta é o hipertexto. Con ela, o usuario non só ten acceso ó feito senón que tamén ten acceso a outras noticias relacionadas con ese acontecemento, a outro tipo de documentos, etc. Pero aínda que existe un avance importante á hora de contar o que acontece na actualidade “é un mero transvasamento do medio de comunicación impreso ao ciberespazo”, como anticipa Laura Torres Sánchez no artigo de Galicia Hoxe. Por este motivo, é necesario buscar una nova maneira de redactar esa información (incluíndo frases máis curtas,facendo vinculación co hipertexto, apoiándose noutros soportes como audio, vídeo e imaxe,etc) para diferenciarse do medio escrito.



Merce Rey García

No hay comentarios:

Publicar un comentario