lunes, 24 de mayo de 2010

Un caixón de xastre que está a revolucionar o futuro da comunicación

Internet xoga un papel importante no universo dos mass media xa que é un soporte novo que ofrece infinidade de posibilidades a respecto dos outros medios. Nel podemos atopar todo tipo de noticias, opinións e informacións de interese que todos poden consultar dende calquera parte do mundo. Deste xeito, e como ben apunta Borja Golán no seu comentario “a rede non é unha ameaza…senón máis ben unha vantaxe”.

Pero non todo o escrito neste caixón de xastre, que é a rede, está aí por algo senón que o que se publica ten detrás unha intención. De feito, os xornalistas elaboran a súa información seguindo a liña editorial do medio para o que traballan pero non só eles senón que calquera persoa que utilice a rede para expresar a súa opinión tamén pode estar condicionando ós receptores que a len. Estes últimos teñen que ser capaces de facer unha criba do que é bo e é malo. A diferenza do que pensa a estudante de xornalismo no seu artigo, Genma R. Vega, non creo que a figura do xornalista non desapareza aínda que existan outras persoas na internet que queiran suplantala senón que estes profesionais seguirán facendo o seu traballo como mediadores entre as fontes e os seus lectores.

Aínda que este soporte mediático está a revolucionar o mundo da comunicación penso que queda moito por experimentar neste campo que marcará un antes e despois no futuro da comunicación.


Merce Rey

No hay comentarios:

Publicar un comentario