Obradoiro virtual
martes, 25 de mayo de 2010
Xornalismo intoxicado
O labor de xornalista é ofrecer unha información veraz e de calidade. Pero se nos achegamos ás redaccións dos medios de comunicación podemos observar que isto non é así. Os mass media están manipulados polo poder de quen goberna, a súa vez os xornalistas están condicionados pola liña editorial do medio para o que traballan, pola precariedade á que están sometidos non ofrecen unha información de calidade senón que se deixan levar polas rutinizacións. Como ben apunta Manuel Rodríguez no seu artigo, o xornalista “abandonou toda clase de aventura e crítica para apoltronarse na comodidade da rutina e nas facilidades que lle dá ser un reprodutor de consignas oficiais”. A estes problemas hai que sumar que nas redaccións existen personaxes que intentan suplantar a figura dos comunicadores; é o chamado intrusismo laboral.
Esta é a realidade coa que se atopan os estudantes de xornalismo cando saen da facultade. Cando chegan, entran con moita ilusión e con inquietudes que van mudando a medida que van avanzado os anos. Ó igual que estes universitarios mudaron a súa maneira de pensar, o xornalismo debe adaptarse ós tempos que corren.
Así, o que se debe facer é modificar esta maneira de pensar e apostar pola rede e por todas ferramentas que este medio nos aporta. O noso papel é facer un xornalismo de calidade e non un rutinizado. A estudante de xornalismo, Alba Pinto déixao claro no seu artigo, “o vello xornalismo xa é vello e quizais é hora de crear un novo”
Merce Rey
lunes, 24 de mayo de 2010
Un caixón de xastre que está a revolucionar o futuro da comunicación
Internet xoga un papel importante no universo dos mass media xa que é un soporte novo que ofrece infinidade de posibilidades a respecto dos outros medios. Nel podemos atopar todo tipo de noticias, opinións e informacións de interese que todos poden consultar dende calquera parte do mundo. Deste xeito, e como ben apunta Borja Golán no seu comentario “a rede non é unha ameaza…senón máis ben unha vantaxe”.
Pero non todo o escrito neste caixón de xastre, que é a rede, está aí por algo senón que o que se publica ten detrás unha intención. De feito, os xornalistas elaboran a súa información seguindo a liña editorial do medio para o que traballan pero non só eles senón que calquera persoa que utilice a rede para expresar a súa opinión tamén pode estar condicionando ós receptores que a len. Estes últimos teñen que ser capaces de facer unha criba do que é bo e é malo. A diferenza do que pensa a estudante de xornalismo no seu artigo, Genma R. Vega, non creo que a figura do xornalista non desapareza aínda que existan outras persoas na internet que queiran suplantala senón que estes profesionais seguirán facendo o seu traballo como mediadores entre as fontes e os seus lectores.
Aínda que este soporte mediático está a revolucionar o mundo da comunicación penso que queda moito por experimentar neste campo que marcará un antes e despois no futuro da comunicación.
Merce Rey
martes, 18 de mayo de 2010
A internet debe evolucionar e o intrusismo desaparecer para que sobreviva o xornalismo
Internet está a xogar un papel fundamental no eido comunicativo xa que permite informar non só ós de aquí senón que tamén a xente que está fóra de Galicia; e non só iso, senón que tamén é un medio que incorpora o que ofrecen os outros soportes -imaxe, vídeo e audio-. Pero tamén dá a posibilidade de vincular distintas páxinas por medio do hipertexto. Deste xeito, ó igual que Internet foi capaz de sobrepasar obstáculos físicos e temporais os xornalistas deben adaptarse a está nova forma de comunicar para que o xornalismo non quede estancado. En definitiva, “o xornalismo debe readaptarse”, como ben apunta Alba Chao no seu comentario para Galicia Hoxe.
Na internet podemos atopar de todo, noticias, opinións, vídeos, imaxes, etc. Ante está sobreabundancia da información que nos chega a través das páxinas temos que saber separar aquela de calidade da que non o é porque como di Alba Naviera toda a que se atopa na rede “non toda é abundante nin certa”. Neste senso os xornalistas deben adaptarse a este novo medio. Para iso teñen que diferenciarse dos soportes tradicionais utilizando unha linguaxe distinta, buscando novos puntos de vista e valéndose dos múltiples recursos da rede. Penso que a figura do xornalista non vai desaparecer porque por moitos avances que haxa sempre se necesitará ese mediador entre o que sucede e as fontes.
Pero aínda que internet está a revolucionar o universo das comunicacións seguen existindo, por desgraza, nas redaccións de prensa, radio, televisión e xornais electrónicos persoas como historiadores, letrados,etc que están invadindo os postos dos xornalistas. É o chamado intrusismo laboral. A mellor maneira para combatelo recibindo “unha continua preparación e aprendizaxe” como ben apunta, o estudante de xornalismo, Fernando Barros.
Merce Rey
martes, 4 de mayo de 2010
O xornalismo debe evolucionar para non quedarse estancado
Antes de comezar os estudos de xornalismo todos nos facemos unha idea do que queremos ser o rematar xa sexa estar diante da cámara, detrás das ondas ou na redacción dun xornal ou páxina web. A medida que van pasando os anos temos outra perspectiva moi distinta xa que coñecemos realmente o que hai o noso redor, aprendemos a utilizar as ferramentas comunicativas nos distintos soportes, e vamos pouco a pouco perfilando o que será o noso futuro. Como ben di Julia Fontenla Pedreira, no artigo de Galicia Hoxe, “aprendemos a vela realidade doutro xeito”. Por este motivo, os futuros xornalistas non deben de perder esa vontade de transmitir os feitos o máis fieis posibles á realidade sexa no soporte mediático que sexa.
Pero se poñemos os pés na terra observamos que isto non é así. A rutinización xunto coa mala utilización que se fai das malas tecnoloxías trae como consecuencia que “a profesión non evolucione ó mesmo tempo que as novas tecnoloxías”, segundo reflexiona Verónica López Oseira, no artigo de Galicia Hoxe. Deste xeito, fai que se aposte nas redaccións polo tan empregado “copia e pega”, que se traslada continuamente dun medio a outro. Hai que mudar o chip.
Aínda que a prensa escrita ten moitas carencias , estas foron mellorando grazas a introdución dunha maneira distinta de transmitir a información e que se conseguiu a través do soporte electrónico. Esta ferramenta é o hipertexto. Con ela, o usuario non só ten acceso ó feito senón que tamén ten acceso a outras noticias relacionadas con ese acontecemento, a outro tipo de documentos, etc. Pero aínda que existe un avance importante á hora de contar o que acontece na actualidade “é un mero transvasamento do medio de comunicación impreso ao ciberespazo”, como anticipa Laura Torres Sánchez no artigo de Galicia Hoxe. Por este motivo, é necesario buscar una nova maneira de redactar esa información (incluíndo frases máis curtas,facendo vinculación co hipertexto, apoiándose noutros soportes como audio, vídeo e imaxe,etc) para diferenciarse do medio escrito.
O futuro do xornalismo está na evolución
Rocío Álvarez García, Santiago Agra Bermejo e Marta Rial Alvite reflexionan, desde a súa postura de “case licenciados”, sobre os trazos que debe mudar a profesión xornalística para sobrevivir.
Coa chegada da internet cuestionouse a supervivencia da prensa en papel. Pero os medios tradicionais conseguiron abrirse un oco no marco comunicativo e cada un competiu por facerse escoitar ofrecendo unha información veraz e de maior calidade. Na actualidade, ante a sobreabundancia de información existente e que nos chega a través de todo tipo de canles comunicativas non só está en perigo o xornalismo senón que tamén o esta a figura do xornalista. A estudante de xornalismo, Rocío Álvarez García, reflexiona no seu artigo publicado en Galicia Hoxe sobre este eido e bota en falta “a ausencia dun xornalista como figura mediadora, un profesional que traslade información de calidade, coa achega dunha contextualización e interpretación”. As novas xeracións están a mudar a súa maneira de informarse e xa non se conforman cos medios tradicionais de comunicación, van máis alá apostando polos medios electrónicos. Neles atoparon o cobillo que precisaban xa que a través deles poden informarse, comunicarse e expresar a súa opinión, incluso algúns deles “xogan” a ser xornalistas. Pola súa banda, outra das estudantes, Marta Rial Alvite, explica ó mesmo xornal que “independentemente do soporte do que se trate, o que non debe cambiar son as bases da profesión xornalística: buscar a verdade e contrastar a información que se publica”. Pero non todos os futuros licenciados pensan que haxa que mudar a maneira de facer xornalismo senón que moitos deles como para Santiago Agra, que tamén escribiu un artigo para Galicia Hoxe, apostan pola rede porque “marca o camiño, e aí o xornalismo galego ten unha potencialidade inmensa grazas á lingua”.
Merce Rey García
Unha toma de contacto coas novas aplicacións
. Para que serve?
Esta aplicación permite facer presentacións orixinais a través da rede.
. Como funciona?
Unha vez que o usuario estea rexistrado xa pode entrar na súa conta e comezar a crear. Despois de escoller o título e o deseño da presentación, debe facer unha breve descrición da temática.
Tras dar este paso, terá a posibilidade de empregar todas as ferramentas que están o seu alcance para compoñer o seu traballo. Dado que está aplicación permite incluír desde imaxes, vídeos ata elementos interactivos o usuario creará unha presentación orixinal. Pero isto non é todo senón que poderá escoller entre tres tipos de presentacións -public.enjoy e pr¬o-.
A primeira de todas, a public, é a máis limitada de todas o usuario pode utilizala de maneira gratuíta e o seu traballo non pode escender os 100Mb. No caso de enjoy a capacidade da presentación ascende ós 500Mb e a diferenza da anterior, levará unha pequena marca de auga co logo de prezi. Por último, a que o ofrece máis prestacións é a pro, que se presenta cunha capacidade de 2000Mb e o usuario poderá traballar desde o seu escritorio sen ter que estar conectado á rede. Pero para poder utilizar esta aplicación no modo enjoy ou pro fai falla pagar unha cuota mensual 4,90 dólares ó mes ou 13,25 dólares no caso de pro; aínda que se poden probar de balde durante os primeiros 30 días da súa adquisición.
Pero se quere coñecer antes como funciona Prezi o usuario terá que dirixirse a pestaña Learn. Neste apartado o usuario aprenderá a utilizar Prezi a partir de videotutoriais e imaxes onde irán desde o máis Básico até o máis experto. As explicacións van desde as ferramentas máis simples de escritura, rotación e zoom, pasando pola incorporación de imaxes para chegar a empregar a interactividade a través de figuras en movemento.
Se despois de ver os tutoriais non ten moitas ideas de como vai facer a súa presentación irá ata a pestaña Showcase. Nela aparecen algúns exemplos feitos con esta aplicación.
. Ferramentas
No campo de traballo aparecerá unha ferramenta circular que contén as diferentes posibilidades para que o usuario poida crear a súa presentación. Así, cambiará o tamaño da fonte, modificará o deseño se non lle convence o que escolleu anteriormente, rotará os elementos, incluíra fotografías, imaxes interactivas, vídeos, etc. Unha vez rematada a exposición poderá enviarlla os seus contactos ou descargala.
. Utilidade dentro do blog
Está aplicación tería cabida dentro do noso blog para explicar dun xeito máis ameno e sinxelo unha reportaxe ou feito.
www.taskfive.com
. Para que serve?
Esta aplicación permítelle ó usuario deseñar asignar cinco tarefas diarias a través dunha táboa virtual. Pódese empregar para administrar tarefas de xeito individual ou de grupo.
. Utilización.
O igual que na anterior fai falla estar rexistrado para poder utilizala e débese convidar a outros usuarios, así como tamén, pagar unha cuota.
. No blog
Taskfive poderíase empregar no noso blog para organizar o noso traballo ó longo da semana.
Merce Rey García
jueves, 22 de abril de 2010
Xornalismo e xornalistas perfilan o seu futuro comunicativo
Na antigüidade tan só podían estudar carreiras universitarias os homes que utilizaban como ponte o seminario, aínda que non tiveran vocación para ser relixiosos. As mulleres, en cambio, non o tiveron tan doado e ata o 8 de marzo do ano 1910 non viron cumprindo o seu soño. Agora, aínda que a crise amosa o seu cariz, homes e mulleres poden optar polo ensino superior en igualdade. Pero unha vez que acadan o título de licenciado ou diplomado ninguén lles garante que teñan o futuro laboral asegurado. Másters, doctorados, posgrados, cursos de idiomas son algunhas das opcións que barallan os que están a piques de licenciarse e en que empregar o seu tempo. Algúns deles non o dubidan, Jorge Lema Pombo, estudante de xornalismo, opina que ante a crise mundial que nos está a asolar nestes momentos “a mellor idea parece que é seguir formándose”. Sen embargo, neste combate por abrirse camiño no mercado laboral non saen mancados os xornalistas senón que tamén os medios de comunicación.
Pode que a solución que precisan ambos bandos sexa “a reconversión”, como ben aventura a futura licenciada en xornalismo, Karina Rivero Conde. Cómpre botar unha ollada atrás, e recapacitar como todos os medios conseguiron facerse un oco no espazo comunicativo. Primeiro a prensa chegou sen ter ningún rival ó que enfrontarse, despois, a radio tivo que competir co medio escrito e co audiovisual, coa revolución dixital chegou internet que tivo que facerse notar e facer fronte ós soportes audiovisuais e escritos. Desta maneira, acharon a maneira de sobrevivir no mercado dos mass media pero ante a sobreabundancia de información hai que mudar a maneira de transmitir os feitos e quizáis a solución en palabras da estudante de xornalismo, Andrea Carcacía, sexa “ir máis alá dos feitos, darlle un toque máis humano”.
Merce Rey García