martes, 13 de abril de 2010

O xornalismo está mudando nun futuro incerto

A sociedade da información, en pleno século vinteún, continúa sufrindo cambios desde a chegada da dixitalización. Estas transformacións non só afectan ós soportes e seus contidos, senón que tamén ás persoas consumidoras desa información que prefiren “non mercar o xornal nada máis saír da casa, prefiren prender o ordenador”, explica o estudante de xornalismo, Duarte Romero, no artigo publicado no Galicia Hoxe. As novas xeracións naceron ó carón da internet, do iPod, Mp4 ou da táboa dixitalizadora e xa non están acostumados a sentarse diante da caixa tonta e tragarse a programación que lle ofrece unha determinada canle nin tampouco están cómodos ollando as novas que trae o xornal en papel senón que eles mesmos escollen o que queren ver, de que forma e a que hora o fan.

Pero no futuro das telecomunicacións sempre existen contratempos e neste caso, afectan a maneira de transmitir esa información ós consumidores. Deste xeito, a prensa escrita precisa mudar o xeito de redactar ou a maneira de facer xornalismo se realmente quere sobrevivir e competir cos outros medios de comunicación.

Estes non son os únicos problemas cos que conta hoxe en día o xornalismo porque, por desgraza, as redaccións dos medios de comunicación están cheos “precariedade laboral e intrusismo”, afirma a estudante de xornalismo no seu artigo do Galicia Hoxe, Déborah Castro. Ela pregúntase “de que serven estes cambios se o xornalismo continúa enfermo de gravidade, se hai xornalistas que desexan abandonar a profesión”.Agora, aínda estamos a tempo de mudar e correxir erros para que todos os mass media convivan e non se perda aquela saudade pola que tanto costou loitar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario