Na antigüidade tan só podían estudar carreiras universitarias os homes que utilizaban como ponte o seminario, aínda que non tiveran vocación para ser relixiosos. As mulleres, en cambio, non o tiveron tan doado e ata o 8 de marzo do ano 1910 non viron cumprindo o seu soño. Agora, aínda que a crise amosa o seu cariz, homes e mulleres poden optar polo ensino superior en igualdade. Pero unha vez que acadan o título de licenciado ou diplomado ninguén lles garante que teñan o futuro laboral asegurado. Másters, doctorados, posgrados, cursos de idiomas son algunhas das opcións que barallan os que están a piques de licenciarse e en que empregar o seu tempo. Algúns deles non o dubidan, Jorge Lema Pombo, estudante de xornalismo, opina que ante a crise mundial que nos está a asolar nestes momentos “a mellor idea parece que é seguir formándose”. Sen embargo, neste combate por abrirse camiño no mercado laboral non saen mancados os xornalistas senón que tamén os medios de comunicación.
Pode que a solución que precisan ambos bandos sexa “a reconversión”, como ben aventura a futura licenciada en xornalismo, Karina Rivero Conde. Cómpre botar unha ollada atrás, e recapacitar como todos os medios conseguiron facerse un oco no espazo comunicativo. Primeiro a prensa chegou sen ter ningún rival ó que enfrontarse, despois, a radio tivo que competir co medio escrito e co audiovisual, coa revolución dixital chegou internet que tivo que facerse notar e facer fronte ós soportes audiovisuais e escritos. Desta maneira, acharon a maneira de sobrevivir no mercado dos mass media pero ante a sobreabundancia de información hai que mudar a maneira de transmitir os feitos e quizáis a solución en palabras da estudante de xornalismo, Andrea Carcacía, sexa “ir máis alá dos feitos, darlle un toque máis humano”.
Merce Rey García