A edición electrónica de La Voz de Galiciaposúe unha serie de ferramentas que lle facilitan ó usuario a interacción co medio. Os lectores desta edición electrónica poden participar deixando os seus comentarios en todas as noticias do xornal. Tan só deben deixar os seus datos e unha dirección de correo electrónico. Pero esta non é a única maneira na que o usuario pode deixar os seus comentarios se non que tamén pode facelo nos distintos blogs que se atopan ó longo do sitio web. Ademais, os usuarios poderán buscar anuncios ou publicalos na sección de clasificados, onde poden comprar ou vender cousas. Para isto, o xornal esixe un rexistro. As subseccións que hai soninmobiliaria, motor e emprego.
Pero tamén existen outros espazos de opinión nos que se formulan preguntas que o usuario debe respostar dentro das edicións locais que posúe La Voz de Galicia. Hai dende enquisas máis xerais sobre actualidade ata outras máis concretas.Entre elas, cabe destacar a sección Participa, aquí os internautas poden enviar as súas imaxes ou vídeos que sexan de carácter informativo, así como tamén exercer o seu voto a que será considerada a maior “chapuza galega” que existe. Os usuarios tamén poderán expresar a súa opinión acerca das preguntas que se formulan dentro desta páxina ou incluso poñerse en contacto cos seus seres queridos que están vivindo fora da comunidade galega. Ademais dentro deste apartado existen outras plataformas –Encontros, chat, Cuéntanos tus vacaciones, Cuéntalo tú- nas que o usuario pode achegar a súa opinión a través do correo electrónico; axudando así, a enriquecer o xornal.
En Encontros, as persoas que así o desexen poderán falar con persoeiros da actualidade galega formulándolle preguntas acerca da súa carreira profesional ou de outros asuntos. No caso da sección do Chat o usuario pode coñecer e conversar con outros internautas que escolleran este formato dixital, aínda que temos que dicir que de ningunha das veces que o intentamos puidemos abrir o chat. Pero isto non é o único que se pode facer dentro deste medio dixital, os usuarios tamén poden enviar as súas fotos do seu período de vacacións e unha breve reseña coas anécdotas que lles aconteceron ó espazo chamado Cuentános tus vacaciones, e por último, os usuarios tamén poden denunciar aqueles acontecementos que lles parecen inxuntos ou mandar o que eles consideran noticia na sección Cuéntalo tú. Esta última sección é semellante a Cartas al director xa que a finalidade desta ferramenta é opinar e denunciar aqueles aspectos que incomodan sobre a realidade que acontece. A única diferenza é que o escrito non pode superar as corenta liñas.
Cabe tamén comentar, que La Vozda a posibilidade de compartir todas as noticias nas diferentes redes sociais ou xornais colaborativos. (Facebook, Chuza, Menéame).