As eleccións están previstas para o día 5 de maio
O actual reitor e catedrático en Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial, Senén Barro, deixará o seu posto despois de oito anos ó fronte da Comunidade Universitaria. O día previsto para escoller o novo candidato, así como tamén para elixir os compoñentes do Claustro e consellos do Departamento será o 5 de maio.
O regulamento electoral xeral da USC recolle que un dos requisitos que deben cumprir os candidatos para presentarse ó cargo será ser catedrático en activo. Así, unha vez que se realicen as votacións será escollido o que acade máis da metade dos votos nunha primeira volta. No caso de que ningún dos aspirantes obteñan o apoio necesario, habería a posibilidade de realizar unha segunda volta na que sairían elixido os dous candidatos que tivesen maioría simple de votos. Esta segunda volta celebraríase segundo o calendario electoral o día 24 de maio presentado polo presidente da comisión electoral central, Gumersindo Villar.
No caso do membros do claustro, escolléranse os 300 representantes do marco universitario. Os sectores son cinco: membros do profesorado rectorado doutor, os docentes e investigadores, investigadores en formación e estudantes de terceiro ciclo, estudantes de primeiro e terceiro ciclo e, por último, membros do persoal de administración e servizos. Cabe destacar que tódolos candidatos elixidos desempeñarán o seu cargo durante dous anos, excepto os estudantes que tan só o farán por un ano.
Entre os candidatos que se presentaron a reitor destacan: as catedráticas de Filoloxía Románica, Mercedes Brea, de Xenética, Laura Sánchez Piñón, e a de Química Analítica, Pilar Bermejo e os catedráticos de Enxeñería Química, Juan Casares Long, de Historia, Lourenzo Fernández Prieto e o decano de Bioloxía, Jaime Gómez Márquez, segundo os datos que aparecen no xornal Galicia Hoxe.
Merce Rey